Bos días a todos! Aquí estamos de novo. Esforzándonos por manternos activos física e mentalmente! Non é doado! Seino! Imaxino que teredes días que vos erguedes máis animados e outros que vos sentides como un teléfono sen batería. Pero este virus non vai poder con nós!💪💪💪💪 Pode quitarnos o dereito a saír da casa físicamente, pero temos outros xeitos de saír. Antes de coller as vacacións viaxastes a algún país de América para ver como se cultiva e elabora o chocolate. Tamén pasastes por Pontevedra para que Kiko vos ensinase algunha técnica para crear personaxes. Non é o mesmo que ir ao parque ou á praia, pero...todo chegará 😉 A onde iremos este trimestre? 😏 De momento, déixovos os últimos vídeos e debuxos que recibín. Este último video no vai sobre o chocolate...non! Escoitade ben atentos o que nos canta Roberto! Proposta de traballo para hoxe : MATEMÁTICAS : 1- Sebastián compra 3 kilos de tomates a 1€ el kilo, 1 ...