Martes 7 de abril
Bo día !
Onte metín a pata e publiquei un debuxo de Dani M , pensando que era de Antía.
A ilustración sobre o poema dos animais que fixo Antía é este :
A ver que vos parecen a vós ?
Eu creo que fixestes un moi , moi, moi bo traballo !
Encántanme os vosos personaxes!
En canto teña o meu listo xa volo ensinarei!
Personaxe de Abi
Personaxes de Breixo
Personaxes de Marta
Personaxes de María
Personaxe de Thalía
Personaxe de Nati
Estas son algunhas das imaxes dos traballos sobre o chocolate que me estades enviando.Evidentemente, é imposible publicar todos os traballos.
Deixamos aquí algúns a modo de exemplo.
A verdade é que o confinamento lévase doutra maneira recreando a vista deste xeito! 😋😋
Imaxe do traballo de María
Íker
Súper traballo de Alonso. Decidiu facelo de todos os apartados!
Receita de Mousse de chocolate de Ana
Actividadades para hoxe, martes 7 de abril :
Para empezar, propóñovos que grabedes un breve vídeo no que comentedes que foi o que máis vos sorprendeu de todo o que aprendestes sobre o chocolate.
Podedes rematar dicindo cal é o voso chocolate preferido.
Galego :
Recórdovos que o outro día fixemos un exercicio para traballar o vocabulario que aparecía no exercicio 13 da páxina 109, pero non aparecían todas as palabras. Hoxe ímolo rematar.
Copia na libreta :
1) Volve a ler os significados das palabras que buscache no exercicio 13 para decidir se cres que as oracións teñen sentido ou non. (Correcta ou incorrecta)
A axente de policía iniciou o interrogativo co testigo do accidente de menor idade.
As oracións interrogativas empréganse para facer preguntas, xa que interrogar é sinónimo de preguntar.
Fixéronse moitas tentativas para conseguir cultivar plátanos en Galicia, pero o clima non é o axeitado para esta planta.
Unha persoa resolutiva é aquela que busca solucións aos problemas,sen deixarse levar polo medo, a inseguridade ou falta de confianza en sí mesma.
Xan seguiuno dubitativo. Non tiña claro se coller ese camiño sería unha boa idea.
Non lles permitiron saltar o muro. Raquel e Sonia aceptaron a negativa cun sorriso.
Agora lemos a lectura da Unidade 10 ( pxs 116 e 117 )
Da px 118 :
Exercicio 1 , na libreta
Exercicios 2 e 3 no libro dixital
Mate :
Pg : 118 : 10 y 11
Px 144 : Ejercicio 1 ( Las dos divisiones de la tercera columna )
Naturais :
Correxindo as actividades de onte, damos por finalizado este tema.
As solucións do exercicio 2 da px 18 están no libro dixital
As solucións do exercicio 3 da px 18 son estas :
Volta a traballar duro💪🏻
ResponderEliminarQue debuxos e que traballos tan preciosos!
EliminarCerto
EliminarSe traballamos así xa non nos fai falta facer a carreira da universidade, non?
ResponderEliminarNon creo 😂😂
Eliminarjajaja
Eliminar