Bo día a todos :

Hoxe,xoves 26 de marzo,😉 propóñovos iniciar a xornada  cunha actividade de redacción. 
Esta vez non se trata de escribir un conto nin unha poesía.



Trátase de que escribades un pequeno texto (esta vez EN GALEGO), no que me faledes sobre a seguinte imaxe e o seguinte vídeo.

Que cres que quixo transmitir o autor?
Que sintes ti ao ver a imaxe ? E ao ver o vídeo?
Pensas que teñen algunha relación coa situación que estamos a vivir?

Estou desexando saber a túa opinión. Cando a teñas, envíama ao correo, porfa.
Tamén me podedes contar como estades levando o confinamento .






MATEMÁTICAS : 

Propóñovos avanzar un pouquiño máis no tema dos decimais.

Px : 108 : Exercicios 28, 29 e 31






Correcións dos exercicios de Natu de onte :


Hoxe podemos facer dúas preguntas máis  na libreta:

Recorda que podes repasar os contidos vendo os vídeos ou lendo o CONTIDO no libro dixital.

8- Que nome reciben os osiños que se atopan no oído medio? Investiga que característica ten o estribo en relación a todos os ósos do corpo humano.



9- Explica todo o percorrido que segue a luz para que se produza a visión dun
obxecto.


WEBS INTERACTIVAS PARA REPASAR 





Ánimo chicos !
 Cando regresemos organizaremos saídas !
Un bico moi forte!


https://www.facebook.com/policiademadrid/videos/1374993669377952/






Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Martes 7 de abril

Xoves , 16 de abril

Miércoles 1 de abril