Martes 31 de marzo
Bo día a todas e a todos!
Estas son as tarefas que programei para hoxe :
Castelán :
Corrección dos exercicios de onte :
MATEMÁTICAS : Imos empezar vendo un vídeo sobre como multiplicar e dividir números decimais por 10,100,1000...
Agora practica nestas webs. Virache moi ben para cando deamos o tema das unidades de medida ( Tema 9 )
Imos descansar agora do tema dos decimais .
Deixamos que asenten os coñecementos e outro día repasamos para interiorizar mellor.
Iniciamos entón o tema 9. O inicio do tema non é novo para vós, pero aínda así hai que repasalo.
IMPORTANTE : Recordade que todas as unidades de medida se basan no SISTEMA DECIMAL, é dicir, agrupamos sempre de 10 en 10.
Tanto as de medir lonxitudes: metro- decímetro- centímetro...
As de medir pesos : gramo- decigramo- centrigramo...
As de medir líquidos : litro- decilitro-centilitro...
Visualiza este vídeo antes de pasar á libreta.
Agora da px 116 do libro de mate : Exercicios 1,2,3
GALEGO :
PX 109 : Exercicio 13 : Busca o significado das palabras que acabas de formar ,cópiaas na libreta e envíame foto por correo ou por wasap( privado).
Px 110 : Exercicios 15,16,17 .Antes de facelos, busca en internet imaxes ou o significado do vocabulario que descoñezas como ábside, bóveda... barbeito, rapante...
Todos se poden autocorrexir no libro dixital
Naturais : Corrección dos exercicios de onte.
As dúas funcións principais son recoñecer os alimentos que inxerimos polo seu sabor e saber se algún alimento se atopa en mal estado.
2- Cantos sabores básicos podemos diferenciar? Noméaos
Dóce, salgado, ácido, amargo e "umami" ou sabroso
3- Cal é o órgano que se encarga do sentido do gusto ?
O órgano que se encarga do sentido do gusto é a lingua.
4-Debuxa na libreta unha lingua e sinala en que zona apreciamos cada tipo de sabor.
As papilas gustativas atópanse na lingua. Encárganse de recoller a información dos sabores
( nos botóns gustativos ), e pasar esa información aos nervios gustativos para que se envíe ao cerebro.
Proposta de traballo de Naturais para hoxe : ( Recorda que podes volver a visualizar videos sobre o olfacto ou repasar o contido do texto lendo no libro dixital)
1-Cal é o órgano do olfacto?
2- En que parte do nariz está situado o sentido do olfacto?
3- Cal é a función dos órganos olfactivos?
4- Cando deixamos e percibir un olor ?
Ánimo e que pasedes un bo día !
Comentarios
Publicar un comentario