Jueves 2 de abril


Moi bo día ! Xa estamos a xoves!  Impresionante, como vai pasando a semana!

Estes días non da tanta pereza estar na casa, verdade ? O certo é que fóra volve a haber moito frío.

Como sei que disfrutades lendo, pero tamén cando vos len, hoxe tamén imos empezar o día escoitando un conto.

Esta vez trátase dunha lenda.  Unha lenda sobre a orixe do chocolate.😋



Empezamos pois coa xornada de hoxe :

GALEGO: Só correximos o exercicio de onte



Xan é moi impulsivo. Fai as cousas sen pensar e despois arrepíntese cando se equivoca. CORRECTA

Necesito que me den un impulsivo para empezar as tarefas.INCORRECTA

Escolliches a cor da camiseta sen dubidar.Eres moi decisiva. INCORRECTA

Que aparecesen tantos casos do Covid19 foi decisivo para que o Goberno declarase o estado de alarma.CORRECTA

As únicas asignaturas optativas que temos en Primaria son Valores e Relixión. En Secundaria teremos máis para escoller.CORRECTA

Eres moi afectivo, Luis.INCORRECTA

A policía recordoulle que é necesario cumprir unhas normas para mellorar a convivencia. O seu tono afectivo facilitou que o neno escoitase atentamente.
CORRECTA

Voume apuntar a unhas clases de axuda competitiva.INCORRECTA

Sandra é moi competitiva. Non lle gusta perder nin ao parchís.CORRECTA

Os protagonistas das películas soen ser atractivos.CORRECTA

Regaloume un atractivo e úsoo como se fose un imán.INCORRECTA

 CASTELLANO : Empezamos corrigiendo el ejercicio de ayer.

19. Lengua : prefijo, vocabulario, género, número, derivada, sufijo, desinencia, vulgarismo, neologismo...
      Coche : Retrovisor, motor, intermitente, parachoques, luna, capó...
      Cine : filmar, rodaje, cámara, actores, banda sonora, acción, doblaje,cartel, casting...
Busca en el diccionario el significado de las palabras que no conozcas.



¡¡Aaaaaaaaaaaaaaah!!!!! 
¡¡Pensaste que ya no íbamos a hablar más sobre el chocolate ! 

¡¡Error!!😜    Empieza por visualizar estos vídeos

                                                 
 ¿ EN QUE PAÍSES SE CULTIVA EL ÁRBOL DEL CACAO?

¿INFLUYE EL CLIMA?

¿QUE HAY QUE HACERLE AL FRUTO UNA VEZ RECOGIDO?


COMO HACER CHOCOLATE DE FORMA TRADICIONAL -1ª PARTE


COMO HACER CHOCOLATE DE FORMA TRADICIONAL -2ª PARTE







Puedes buscar máis vídeos si quieres o pasamos a trabajar con el libro de texto :

Leemos la lectura del Tema 10 " El chocolate "

De la página 135 hacemos los ejercicios 1 ,2 y 3.

Evidentemente, el ejercicio 3 no lo puedes hacer en grupo. 
Debes escoger uno de los puntos del ejercicio , buscar máis información en internet y redactar un texto expositivo para enviarme por correo.
Para saber que orden debes seguir al redactar un texto expositivo lee con calma toda la página 127.

*No es necesario que me envíes esta redacción hoy. Empezaré a corregirlas a partir de lunes , así que tienes tiempo de sobra.

Ya sé que la próxima semana deberían ser vacaciones, pero tengo intención de que adelantemos un poquito más, hasta terminar el tema 10. ¿OK?

Matemáticas : 

Imos facer unha pausa no tema do libro de texto,

Pola mañá enviareivos fotos ( por wasap privado ou correo ) do exame das fraccións.

Volvede a facer na libreta os exercicios que vos foron mal. Se non entendedes coas anotacións que deixei, teredes que pedir axuda á familia.

Se tes poucos erros  podes aproveitar para repasar contidos dados nesta web que xa coñeces:

. Comprender decimales
.Sumar y restar decimales
. Unidades de medida

                                               


PLÁSTICA :  A clase de plástica de hoxe organizarémola en función da proposta do gran mestre da Banda Deseñada Galega ( tamén coñecida como cómic ) Kiko da Silva.

Hoxe, 2 de abril, ensinaranos a crear personaxes. Estaremos atentos a ver que podemos aproveitar para a nosa clase de plástica semanal.
Xa vos direi por wasap.




Un bico e que pasedes un bo día !


Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

DIA DA POESÍA 2020

Mércores 8 de abril

FIN DE CURSO 2020